Noticias e alertas

Despois da comisión de seguemento celebrada esta mañá o Concello de Vimianzo comunica que continuamos en nivel 3 de alerta pola ...

26/10/2020

Despois da comisión de seguemento celebrada esta mañá o Concello de Vimianzo comunica que continuamos en nivel 3 de alerta pola incidencia da 🦠 #Covid19 no municipio.



💬 Isto indica que nestes últimos sete días se rexistraron máis de 21 casos no concello.



Actualmente, o municipio segue baixo as seguintes restricións, entre outras:



➖ As reunións están restrinxidas a un máximo de 5 persoas, medida non aplicable no caso de persoas conviventes.

➖ Prohíbese o consumo en barra e o aforo nos bares, cafeterías e restaurantes está limitado ao 50% no interior e ao 75% nas terrazas.

➖ Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público non poderán superar o 50% por cento da súa capacidade total.



⚠️ Lembramos a importancia de seguir empregando a 😷máscara, lavar as mans con frecuencia e manter as distancias para previr contaxios.



Moito ánimo a todas e a todos!



#ConcellodeVimianzo #Vimianzo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies