Noticias y alertas

copgalicia.gal

26/03/2020

☎️ O Concello de Vimianzo pon á disposición da súa veciñanza unha liña telefónica de apoio psicolóxico ata que se resolva a situación de confinamento derivada da pandemia do Coronavirus.

O impacto #psicolóxico deste illamento pode adoptar múltiples formas: irritabilidade, medo irracional, ansiedade, impaciencia, insomnio, aburrimento, nerviosismo, soidade, desinformación/sobreinformación, problemas de convivencia, condutas de risco, frustración...

Se te atopas en algunha das circunstancias anteriores ou en calquera outra causada directamente pola situación excepcional que estamos a vivir e precisas asesoramento psicolóxico, non dubides en chamar ó teléfono 673 427 498. Recibirás atención profesional de xeito gratuito e totalmente anónimo.

Ademais este servizo completarase coa publicación diaria de cápsulas de orientación psicolóxica, que consistirán en #pautas concretas para afrontar o confinamento do xeito máis saudable e adaptativo posible.

Comezamos con este aporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Galicia, que nos propón 10 consellos psicolóxicos para coidarnos durante esta emerxencia sanitaria.

👇👇👇👇👇👇👇👇

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies