Noticias e alertas

VIOLENCIA MACHISTA | Onte erguiamonos coa triste nova do pasamento dunha muller en Aznalcóllar, Sevilla, a mans da súa parella, vítima da #violenciamachista. Hoxe, apenas 24 horas despois, cometeuse outro crime en Fuenlabrada. A traxedia tócano de preto

27/02/2020

VIOLENCIA MACHISTA | Onte erguiamonos coa triste nova do pasamento dunha muller en Aznalcóllar, Sevilla, a mans da súa parella, vítima da #violenciamachista.

Hoxe, apenas 24 horas despois, cometeuse outro crime en Fuenlabrada. A traxedia tócano de preto; a vítima era natural de Mazaricos. Xa son máis de mil mulleres as que, desde que existen rexistros oficiais, sofriron na súa propia pel a peor consecuencia do maltrato: a morte.

O Concello de Vimianzo condena totalmente estes actos, e únese aos sinais de dor polo pasamento destas dúas mulleres, así como de todas as vítimas de violencia de xénero.

Lembramos que o número de atención telefónica para denunciar este tipo de comportamentos é o 016. Seguiremos loitando por combater esta lacra.

#ConcelloDeVimianzo
#Vimianzo
#VimianzoContraAViolenciaMachista

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies