22/02/2020
En nome da Corporación Municipal, como alcaldesa do Concello de Vimianzo, quero agradecer a todas as persoas que mantedes viva a ilusión da festa 🎉 de Entroido da que vimos de gozar.
O agradecemento é para toda a veciñanza pero, nomeadamente, para as persoas que traballades arreo para facelo posible: comparsas, grupos, parexas, participantes individuais, familias, ás tres persoas que integraron o xurado dos concursos, á Policía Local, Protección Civil, departamento de Cultura e, en xeral, traballadores e traballadoras do Concello.
Vós facedes posible que esta tradición tan arraigada se manteña no tempo como un dos puntos principiais do #Entroido 🎭 na #CostaDaMorte.
Grazas!
✒ Mónica Rodríguez
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies