Noticias e alertas

Turismo de Vimianzo

14/07/2019

Tedes planeada algunha escapada para este verán?

Do 15 de xullo ao 31 de agosto en Vimianzo imos ter visitas guiadas gratuítas por todo o noso patrimonio!


Xa está aquí o noso programa de visitas para este verán! ☀️🔥

A partir do luns 15 de xullo comezaremos con roteiros guiados por todo o patrimonio de #Vimianzo para quen queira vir ata a nosa vila neste verán.

Ademais ides ter que estar atent@s ás nosas redes sociais porque vai haber moitas sorpresas -especialmente nas visitas dos sábados- onde pasearemos polos camiños menos coñecidos de #Vimianzo, dende o seu ceo ata o interior da terra 😏.

Así que convidade ás vosas amizades a que sigan a nosa páxina ou mellor aínda, traédeos a que coñezan a nosa #HistoriaViva.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies