Noticias e alertas

HOSTALARÍA | A Xunta establece un plan da 😷 hostalaría #segura, segundo a información que recolle ✍🏻 o Diario Oficial de Galicia...

04/03/2021

HOSTALARÍA | A Xunta establece un plan da 😷 hostalaría #segura, segundo a información que recolle ✍🏻 o Diario Oficial de Galicia do pasado ℹ️ 25 de febreiro.



As terrazas deberán montar as mesas e cadeiras correspondentes coa capacidade máxima que permite a licencia municipal, e procederase a inutilizar (mediante bandas ou adhesivos) as mesas e cadeiras que sexa necesario, de xeito que só se poidan empregar ás correspondentes ás porcentaxes de uso (50%).



Os negocios estarán obrigados a expoñer un cartel informativo no que se dea información sobre os seguintes datos:



✅ Capacidade máxima 👥👥 que permite a licencia municipal vixente para a terraza (nº persoas).



✅ Porcentaxe máximo de uso exterior permitido.



✅ Os locais deberán empregar os modelos de 🪧 carteis que a Xunta pon a disposición na páxina web.



✅ A persoa titular do establecemento obterá un 🤳🏻 código QR na páxina web do Sergas.



✅ A través da aplicación #Passcovid, a clientela do local poderá rexistrar a súa presenza capturando o 📸 código QR, contribuíndo dese xeito a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez.



Aquí podedes descargar os modelos de cartel:



https://bit.ly/3bdLcK9



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies