21/02/2021
MANTEMENTO | O Concello de Vimianzo licita por tres anos o 🤝 contrato de mantemento e reparacións urxentes por un valor de 💶 160.000 euros cada anualidade.
“Queremos que o noso concello, os seus 133 núcleos conten cunha imaxe apropiada. Que os accesos ás vías municipais e o resto de espazos estean en boas condicións”, argumenta o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen avanza que “a nosa intención é comezar xa en marzo”.
Así, os servizos que entrarían neste contrato serían:
✳ Saneamento e limpeza en áreas urbanas ou rurais.
✳ Procedemento de roza nos paramentos.
✳ Reparación, mantemento e servizos asociados relacionados coas estradas municipais que comunican as 14 parroquias.
✳ Mantemento de árbores.
✳ Eliminación de maleza e roza.
✳ Poda de árbores e setos.
✳ Limpeza e tratamento de parques infantís, áreas recreativas e merendeiros.
✳ Limpeza e barrido de rúas e beirarrúas.
✳ Limpeza e baleirado de sumidoiros.
✳ Limpeza de pintadas e limpeza de aparcadoiros, así como a limpeza de prazas públicas.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies