Noticias e alertas

🦠 COVID-19 | Actualmente, o 📈 número de casos activos por #coronavirus no Concello de Vimianzo sitúase nos 42. 🗣 Segundo o come...

25/11/2020

🦠 COVID-19 | Actualmente, o 📈 número de casos activos por #coronavirus no Concello de Vimianzo sitúase nos 42.



🗣 Segundo o comentado na xuntanza, e cos datos que manexa a Consellería de Sanidade, a incidencia a 🗓 7 días vista cada 100.000 habitantes (baremo empregado para valorar a situación) situariase nos 📊 127, e ascende aos 📊 396 a 🗓 14 días vista.



🔹🔹 Con todo, a evolución no caso de #Vimianzo é favorable pero os datos todavía non reflicten con claridade a data exacta na que se levantarán as restricións. Tratarase, en todo caso, na xuntanza do comité clínico do vindeiro venres, 🗓 27 de novembro.



❗Namentres, lembramos a importancia de manter a ↔ distancia de seguridade, utilizar sempre 😷 #máscara e 🧴 lavar as 🤚 mans con 💧 auga e 🧼 xabón para frear a incidencia da enfermidade.



‼️ Tamén, que as medidas #restritivas impostas por #Sanidade seguen vixentes neste momento ata o 4 de decembro.



⚠ Dende o goberno local recordámoslle a toda a nosa veciñanza que é esencial que continuemos respectando todas as #medidas hixiénicas e sanitarias estipuladas.



📸: Imaxe da xuntanza da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, co doutor Luis Verde; Alberto Fuentes, secretario xeral e o director xeral, José Manuel Flores, así como as rexedoras e rexedores dos municipios pertencentes ás comarcas de 📍 Bergantiños e Soneira afectados polo peche perimetral.



#ConcelloDeVimianzo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies