Noticias e alertas

O Concello licita as obras con distintas actuacións nos núcleos de Bribes e Novelle

26/09/2020

O Concello licita as obras con distintas actuacións nos núcleos de Bribes e Novelle





O Concello de Vimianzo licita as obras con distintas actuacións nos núcleos de Bribes e Novelle, para os que o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro xoves, 1 de outubro. Ambas intervencións son con cargo ao Plan Único 2020 da Deputación Provincial da Coruña, e ascenden a 177.580,57 euros.



No primeiro proxecto, o do arranxo do pavimento interior en Novelle, perfilaranse as cunetas, aplicarase unha base nova de firme, instalaranse dous colectores de PVC enterrados parcialmente, modificaranse os recrecidos das tapas de rexistro de pozos, sumidoiros e arquetas, corrixindo así as deficiencias existentes nesta vía. Instalarase, ademais, unha rede de sumidoiro, contando coa recollida de pluviais e unha preinstalación das augas residuais. Estímase un prazo de execución de tres meses desde o comezo das mesmas.



No que compete á rehabilitación de rúas no núcleo de Bribes, preténdese renovar por completo a capa de pavimento, agora en formigón, xa que presenta bastantes deficiencias. Nas rúas que contan cun maior número de edificacións, configurarase unha rúa regular de tres metros de ancho. A fonte atópase nun cruce principal, dificultando o paso dos vehículos, e preténdese executar o seu desprazamento tres metros cara un dos laterais da mesma. Pavimentarase tamén a contorna da fonte. Executarase tamén un novo sistema de canalización de pluviais. Cada certa distancia, instalarase un pozo de rexistro a rede de augas. Estímase un prazo de execución de seis meses desde o comezo das mesmas.



O tenente de alcalde, Víctor Muíño, anunciou que ‘este conxunto de obras, aínda que son dous proxectos separados, veñen a rubricar a nosa preocupación por todos os espazos de Vimianzo. Eran obras tremendamente demandadas pola súa veciñanza e impulsámolas porque, tras os análises previos, vimos que eran moi necesarias. Seguiremos traballando para chegar ás 14 parroquias e aos 133 núcleos de Vimianzo, e así será ata o final do noso mandato’, asegura.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies