Noticias e alertas

XUNTANZA I 👥 Onte celebrouse a reunión destinada ao voluntariado da AVPC de...

23/04/2024

XUNTANZA I 👥 Onte celebrouse a reunión destinada ao voluntariado da AVPC de Vimianzo e a todas as persoas interesadas en unirse á agrupación.



🖥 Durante o encontro, proxectouse un vídeo divulgativo da asociación co fin de mostrar o labor que realiza e a importancia que ten o grupo ante distintos tipos de emerxencias, consolidándose coma un servizo público esencial.



‼️ Destacouse a vocación do voluntariado, o compromiso coa contribución ao coidado das persoas e bens ante riscos e catástrofes e do seu altruísmo, que fai posible a realización de moitos dos eventos dos que todos e todas somos partícipes.



🙏 Moitas grazas a todas as persoas voluntarias polo traballo desenvolto ao longo destes 22 anos e, por suposto, tamén a todos e todas os que mostrastes o voso interese en sumarvos ao equipo. Agardámosvos cos brazos abertos 🙌.



📸 Velaquí algunhas imaxes da xuntanza



























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies