Noticias e alertas

2019 VIMIANZO EN NEGRO

21/11/2019

VIMIANZO EN NEGRO | Invitámosvos a visitar os negocios de #Vimianzo durante estes días. Comprometidos coa sensibilización da sociedade na loita contra a violencia, están repartindo mensaxes e agasallos en sobres violeta.
Para o #25N , a partir das 12:00, estamos preparando un acto que consistirá na formación dun lazo xigante de cor violeta dentro dun cadrado negro. Serán integrantes do tecido asociativo, rapaces dos centros educativos e outras persoas que se acheguen, as que conformarán este debuxo humano, realzado con paraugas.
Esperámosvos con vestimenta en negro!!!!

#VimianzoEnNegro
#VimianzoContraViolenciaDeXénero
#EnNegro2019
#ContraAsViolencias


O Concello de Vimianzo organiza a campaña NOVEMBRO EN NEGRO con actividades de diferente natureza e unha gran implicación da sociedade a través do empresaria...

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies