Noticias e alertas

EMPREGO | Hoxe rematou o programa #XuventudepoloEmprego, organizado polo noso...

14/09/2021

EMPREGO | Hoxe rematou o programa #XuventudepoloEmprego, organizado polo noso Concello en colaboración co Concello de Camariñas e o Concello de Muxía, para favorecer a inclusión laboral xuvenil.



👥 No acto de clausura estiveron presentes Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, Sandra Insua, alcaldesa de Camariñas e Iago Toba, alcalde de Muxía. Así como Judit Fontela, xefa territorial de Emprego e Igualdade, e Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta.



👥 Tamén acudiron os membros da corporación Francisco Calzas e Raquel Rodríguez, ambos do Partido Popular de Vimianzo, Rosa Sánchez, axente de Desenvolvemento Local, e os concelleiros e concelleiras Rosa Blanco, María José Pose e Miguel Ángel Pérez.



💼 As iniciativas non acaban aquí! A Xunta de Galicia concedeulles aos tres municipios o orzamento para desenvolver 'Camiño ao futuro', un novo obradoiro de emprego para 20 estudantes, cunha duración de 9 meses, e centrado nas especialidades de conservación e mellora de montes, pavimentación e albanelería de urbanización.















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies